PAULA VAI AO ZOO

Para despedirnos, porfín vos ensinaremos o noso conto sobre os animais!

A pesar de sacalo á luz agora, cabe dicir que será a primeira das actividades que realicemos no noso proxecto, posto que será unha maneira máis dinámica de introducir dito proxecto. Así, tentaremos facer un primeiro acercamento desta temática aos nenos e as nenas e captar dende este mesmo momento a súa atención para que se interesen nos animais e desexen descubrir máis cousas sobre eles ao longo do proxecto.

Fonte: Creación propia.

Relacionado coa historia do conto, como broche final a este proxecto, realizaremos unha excursión ao zoo de Marcelle (Lugo). Creemos que será unha actividade que lle resultará moi interesante e divertida,  xa que verán como o conto se pode facer realidade e ser eles mesmos quenes vivan esa experiencia en persoa.  Desta forma, os nenos e as nenas poderán observar directamente a estes animais tan enigmáticos e descubrir moitas máis cousas sobre eles.

E con isto despedímonos, esperamos que vos gustase o noso blog!!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta