QUE ANIMAIS VIVEN NA AUGA?

Hoxe mostrarémosvos outra das actividades que incluímos no noso proxecto.

Para realizar a seguinte actividade os nenos e nenas deberán identificar e arrastrar, dende o menú despegable ata a imaxe do mar, aqueles animais que vivan na auga.

 

Captura

Esta, ao contrario que as demais, non mostra mensaxe de erro se o animal que arrastran non é correcto. Por iso pensamos que sería útil realizala coa pizarra dixital entre todos os alumnos e alumnas para así, unha vez finalizada, corrixila entre tod@s.

Pronto vos ensinaremos máis cousas!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.