Adentrándonos no mundo dos animais!

 

Collage 2017-04-26 21_51_28

Hola de novo!!

Como xa vos comentamos, eliximos a temática dos animais por ser un tema interesante e estimulante para os alumnos e alumnas.

Nesta entrada expoñeremos o que tentamos acadar coa realización do noso proxecto, e polo tanto cas nosas actividades.

Os obxectivos que pretendemos conseguir están relacionados cas tres áreas do currículo de Educación Infantil e destacamos os seguintes:

  • Coñecer máis cousas sobre os animais, recoñendo e nomeando aqueles máis comúns.
  • Descubrir que os animais se poden clasificar según o seu tipo de alimentación e o seu hábitat.
  • Saber que profesións se dedican ao coidado dos animais.
  • Identificar as súas características físicas.
  • Levar a cabo hábitos hixiénicos despois do contacto cos animais e conciencialos da súa importancia.

Pronto vos iremos ensinando máis cousas!!

Aitana Moreno e Adriana Pardo.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta