PAULA VAI AO ZOO

Para despedirnos, porfín vos ensinaremos o noso conto sobre os animais!

A pesar de sacalo á luz agora, cabe dicir que será a primeira das actividades que realicemos no noso proxecto, posto que será unha maneira máis dinámica de introducir dito proxecto. Así, tentaremos facer un primeiro acercamento desta temática aos nenos e as nenas e captar dende este mesmo momento a súa atención para que se interesen nos animais e desexen descubrir máis cousas sobre eles ao longo do proxecto.

Fonte: Creación propia.

Relacionado coa historia do conto, como broche final a este proxecto, realizaremos unha excursión ao zoo de Marcelle (Lugo). Creemos que será unha actividade que lle resultará moi interesante e divertida,  xa que verán como o conto se pode facer realidade e ser eles mesmos quenes vivan esa experiencia en persoa.  Desta forma, os nenos e as nenas poderán observar directamente a estes animais tan enigmáticos e descubrir moitas máis cousas sobre eles.

E con isto despedímonos, esperamos que vos gustase o noso blog!!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

O REINO ANIMAL

Boas noites! Hoxe traémovos un vídeo que explica moi ben o tema ao redor do cal xira o noso proxecto: os animais.

A visualización deste vídeo tería lugar na asemblea, despois de facerlle unha serie de preguntas aos nosos alumnos e alumnas para saber cales son os seus coñecementos previos sobre o tema.

Con este vídeo, os nenos e as nenas poderán aprender moitas máis cousas a cerca dos animais como os diferentes tipos que existen, as súas características e datos interesantes e importantes.

Esperamos que vos guste e vos resulta tan interesante como a nós!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

COMO SE DESPRAZA CADA ANIMAL?

Despois de ver os tipos de animais que existen según o seu hábitat, neste novo post do noso blog veremos que os animais tamén se poden clasificar en función do súa forma de desprazarse.

Mediante esta tarefa pretendemos que os nenos e as nenas coñezan as diferentes formas de desprazamento que teñen os animais.

Para realizala, deberán observar a imaxe do animal que se presenta e relacionala coa súa respectiva forma de desprazarse facendo “clic” nela.

 

Captura7 Captura6

Esta é a última das actividades realizadas con Ardora que vos presentamos, esperamos que vos gusten!!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

QUE ANIMAIS VIVEN NA AUGA?

Hoxe mostrarémosvos outra das actividades que incluímos no noso proxecto.

Para realizar a seguinte actividade os nenos e nenas deberán identificar e arrastrar, dende o menú despegable ata a imaxe do mar, aqueles animais que vivan na auga.

 

Captura

Esta, ao contrario que as demais, non mostra mensaxe de erro se o animal que arrastran non é correcto. Por iso pensamos que sería útil realizala coa pizarra dixital entre todos os alumnos e alumnas para así, unha vez finalizada, corrixila entre tod@s.

Pronto vos ensinaremos máis cousas!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

DOMÉSTICOS, SALVAXES OU DE GRANXA?

Queredes coñecer algunhas das actividades que forman parte do noso proxecto sobre os animais?

A continuación vos mostramos unha delas:

Captura2          Captura3 Captura5

Esta consiste en seleccionar entre todos os animais que se presentan aqueles que sexan domésticos, salvaxes e por último que vivan na granxa. A súa finalidade é que os nenos e as nenas identifiquen e saiban clasificar os animais en función do seu hábitat.

Esperamos que vos gustase!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Adentrándonos no mundo dos animais!

 

Collage 2017-04-26 21_51_28

Hola de novo!!

Como xa vos comentamos, eliximos a temática dos animais por ser un tema interesante e estimulante para os alumnos e alumnas.

Nesta entrada expoñeremos o que tentamos acadar coa realización do noso proxecto, e polo tanto cas nosas actividades.

Os obxectivos que pretendemos conseguir están relacionados cas tres áreas do currículo de Educación Infantil e destacamos os seguintes:

  • Coñecer máis cousas sobre os animais, recoñendo e nomeando aqueles máis comúns.
  • Descubrir que os animais se poden clasificar según o seu tipo de alimentación e o seu hábitat.
  • Saber que profesións se dedican ao coidado dos animais.
  • Identificar as súas características físicas.
  • Levar a cabo hábitos hixiénicos despois do contacto cos animais e conciencialos da súa importancia.

Pronto vos iremos ensinando máis cousas!!

Aitana Moreno e Adriana Pardo.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

DESCUBRINDO OS ANIMAIS

Hola a tod@s!!

A nosa unidade didáctica tratará sobre os animais, xa que creemos que é un dos principais temas que captan a atención dos nenos e nenas, posto que son un dos elementos do entorno natural máis significativos para eles. Estes son seres vivos necesarios e útiles para o noso planeta, posto que nos resulta case imposible imaxinarnos un mundo sen animais. Ademais, grazas a esta temática poden experimentar, observar ou xogar.

A partir desta unidade pretendemos que adquiran un coñecemento xeralizado sobre esta temática que tanto lle interesa, así como que coñezan e descubran os diversos animais que habitan no mundo. Os nenos e nenas levarán a cabo un aprendizaxe significativo mediante actividades realizadas na aplicación “Ardora”.

A través da observación destes poderán identificar as súas características físicas, a súa forma de desprazamento, o tipo de alimentación ou o medio no que viven. Desta forma tamén estaremos promovendo actitudes de respeto, coidado e cariño hacia eles.

Aitana Moreno Rodríguez e Adriana Pardo García.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Ola mundo!

Te damos la bienvenida a Blogs Climántica. Este es tu primer artículo. Edítalo o bórralo… ¡y comienza a publicar!

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario